Información sobre permutas para o curso 24-25

Unha vez resolto o Concurso Xeral de Traslados (CXT), se non obtiveches o destino desexado, é o momento de comezar a buscar unha posible permuta de destinos.

Tamén convén ter claros dous conceptos que ás veces se confunden na linguaxe coloquial:

  • Permutas son intercambios definitivos de destinos
  • Intercambios provisionais son aqueles que se fan por un curso

Nesta páxina tes toda a información e lexislación aplicable ao respecto.

As permutas poden realizarse entre dúas ou máis persoas de calquera colectivo e situación administrativa (funcionarias/os de carreira con destino definivito ou en expectativa de destino, funcionarias/os en prácticas, persoal interino e substituto) sempre que as prazas a permutar sexan da mesma especialidade e co mesmo perfil lingüístico.

Atención!!! As comisións de servizo non poden permutarse.

BOLSA DE PERMUTAS:

Para atopar algunha persoa coa que intercambiar o destino, podes consultar esta bolsa de permutas ou inscribirte nela a través deste formulario.