Publicación no DOG da resolución definitiva do CXT

Publícase no DOG da hoxe, venres 12 de abril de 2024, a resolución definitiva do Concurso Xeral de Traslados (CXT).

Polo tanto, iníciase o prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución do concurso xeral de traslados no Diario Oficial de Galicia (do 15 ao 26 de abril, ambos incluídos) para a solicitude de comisións por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral.

CCOO Ensino reúnese co Director Xeral de Centros e Recursos Humanos para esixir a modificación do concurso xeral de traslados

Hoxe, venres 12 de maio, reunímonos co Director Xeral de Centros e Recursos Humanos e presentámoslle un documento demandando que a Consellería se coordine co Ministerio para establecer unha regulamentación transitoria para o concurso xeral de traslados. Esta regulamentación debe garantir a participación do profesorado que supere o proceso selectivo por concurso extraordinario de méritos en igualdade de condicións cos outros colectivos … Ler máis