Publicación no DOG da resolución definitiva do CXT

Publícase no DOG da hoxe, venres 12 de abril de 2024, a resolución definitiva do Concurso Xeral de Traslados (CXT).

Polo tanto, iníciase o prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución do concurso xeral de traslados no Diario Oficial de Galicia (do 15 ao 26 de abril, ambos incluídos) para a solicitude de comisións por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral.