Resumo da Mesa Sectorial Docente co Ministerio de Educación, FP y Deportes

Hoxe celebrouse a mesa onde o Ministerio presentou o borrador de modificación do RD de Concurso de Traslados. CCOO puxo de manifesto que esta negociación debería producirse moito antes e expuxo observacións ao proxecto. O sindicato esixiu un compromiso e un calendario de negociación para todos os temas importantes para o profesorado.

Mesa Sectorial (12 de marzo de 2024)

No día de hoxe celebrouse a Mesa Sectorial Docente Non Universitaria. Nos seguintes apartados podes consultar as intervencións de CCOO Ensino e as respostas da Administración sobre o calendario escolar 24/25, o concurso de direccións de centros escolares, o Plan de Igualdade da Consellería e outras cuestións.