CCOO Ensino apoia as demandas das e dos traballadores do IES do Milladoiro pola convivencia positiva

Como non podía ser doutra maneira, representantes de CCOO Ensino apoiaron no día de hoxe a protesta das traballadoras e traballadores do IES do Milladoiro en busca de solucións aos problemas de convivencia que se veñen rexistrando no presente curso neste centro.

As situacións que se viven no día a día do centro impiden que o persoal docente e non docente poida exercer o seu labor profesional en condicións dignas e tamén o dereito do alumnado a unha educación inclusiva, libre e en paz.

Consulta o comunicado de prensa das traballadoras e traballadores do IES do Milladoiro