CCOO Ensino traslada ao PSdeG as reivindicacións pendentes do ensino e dos sectores socioeducativos

Nas últimas dúas semanas, CCOO Ensino mantivo dúas reunións co grupo parlamentario do PSdeG para abordar a situación do ensino público non universitario, do Persoal de Apoio Educativo, do persoal do ensino privado e concertado e dos sectores socioeducativos.

Valoración de inicio de curso 26-27

CCOO Ensino afronta este inicio de curso cun obxectivo claro: consolidar os avances conseguidos, garantir que se apliquen realmente e continuar negociando as melloras pendentes.
A prioridade segue sendo reforzar o ensino público, mellorar a atención á diversidade, dignificar o Persoal de Apoio Educativo e conseguir avances no ensino concertado e nos sectores socioeducativos.
A baixada do alumnado non pode ser unha escusa para reducir recursos, senón unha oportunidade para mellorar a calidade e a atención educativa.