CCOO esixe melloras salariais e laborais no IV Convenio Colectivo de Ocio Educativo e Animación Sociocultural

CCOO lidera as negociacións do IV Convenio Colectivo de Ocio Educativo e Animación Sociocultural, esixindo melloras salariais e laborais. Entre as nosas propostas destacan a actualización de salarios ao SMI, subas do 30 % en contratos públicos, subas do 2 % anual para contratos privados, unha revisión salarial ligada á inflación e un incremento do complemento de dedicación ata os 870 €. Tamén demandamos un maior control nas licitacións para evitar incumprimentos legais. A próxima reunión será o 15 de outubro.

Toda a información da reunión do 24 de setembro

Na sexta reunión da mesa negociadora, celebrada o 24 de setembro, avanzáronse propostas para mellorar o convenio.

Acordouse a consolidación de horas para traballadores a tempo parcial, melloras na redacción do contrato fixo descontinuo, e a regulación do teletraballo, incluíndo compensacións económicas e dereito á desconexión dixital. A clasificación profesional segue a ser un tema en disputa, co rexeitamento á creación de postos precarios.