FSIE: o monicreque da patronal

FSIE intenta desviar a atención da súa incompetencia atacando a CCOO, ao tempo que pretende erixirse como gran defensor de quen traballa na escola concertada.

Nada máis lonxe da realidade. Remitímonos aos feitos cunha comparativa, na que se aprecia que as únicas melloras laborais no sector nas últimas décadas se producen pola influencia de CCOO nos ámbitos de negociación nos que non está presente FSIE.

CCOO denuncia a imposibilidade de melloras salariais para docentes do ensino concertado tras a publicación da Lei de orzamentos

CCOO Ensino manifesta a súa preocupación tras a recente publicación da Lei de orzamentos, que impide calquera posibilidade de homologación salarial para o persoal docente do sector concertado e deixa en suspenso as expectativas de mellora económica deste colectivo profesional.