O Consello de Ministros aproba a suba salarial do 2,5 % para os empregados públicos comprometida para 2024 con CCOO e UGT

Tal como adiantaron o pasado venres UGT Servicios Públicos e a área Pública de CCOO, o Consello de Ministros aprobou a suba salarial do 2,5 % para os máis de tres millóns de empregados públicos deste país, segundo contempla o acordo asinado por ámbolos sindicatos.

CCOO esíxelle ao Goberno a suba salarial do 2,5 % para as empregadas e empregados públicos

A área Pública de CCOO esixirá, na reunión que se celebra hoxe con Función Pública, medidas contundentes para realizar a suba salarial do 2,5 %, comprometida no Acordo Marco para unha Administración do século XXI.

Comisión de seguimento do Acordo Marco por unha Administración do Século XXI

O Ministro Escrivá comprométese con CCOO e UGT na culminación do Acordo Marco para unha Administración do século XXI, empezando pola xubilación parcial e a clasificación profesional

Na comisión de seguimento celebrada no día de hoxe acordouse calendarizar as materias para poder culminar neste ano o Acordo Marco, priorizando a xubilación parcial e a clasificación profesional, ademais do resto de materias recollidas no mesmo, como son a implantación da xornada de 35 horas ou a mellora do emprego público.

Suba nómina febreiro 2024

Confirmación da Consellería sobre as subas de salarios na nómina de febreiro

A Consellería confírmanos que na nómina do mes de febreiro farase o pagamento dos atrasos correspondentes ao 0,5 % que quedaba pendente do ano 2023 e tamén se fará a regularización das nóminas do 2024 aplicando esta mesma suba.

Aprobada a suba do 0,5 % para os salarios públicos

O Goberno aprobou no día de hoxe a suba do 0,5 % para os salarios públicos, con carácter retroactivo a xaneiro de 2023, tal e como se recollía no Acordo marco para unha administración do século XXI asinado por CCOO e UGT.

Con esta medida, faise efectivo o cumprimento por parte do goberno da suba da segunda variable do 0,5 % tras a confirmación de que o PIB do Estado superou o 2,1 % durante o ano 2023.