Os acordos asinados por CCOO seguen incrementando as retribucións dos e das docentes
O Acordo trianual asinado por CCOO está a dar os seus froitos. Tras acadar no ano 2022 unha suba do 3,5 %, concluímos o ano 2023 con outro incremento do 3,5 %: un 2,5 % fixo e dúas subas variables dun 0,5 % cada unha, ligadas ao IPC e ao PIB, respectivamente.
