Mesa negociadora do convenio de Concertada

12-03-2024 – TÁBOAS SALARIAIS 2023 PAGO DELEGADO

Na reunión de hoxe, as organizacións patronais propuxeron:

  • Asinar hoxe as táboas salariais 2023 para o pago delegado cun incremento do 2,26 % con efectos 1 de xaneiro de 2023.
  • Compromiso de asinar un incremento adicional do 1,24 % desde que se actualicen os módulos para 2023 conforme ao disposto na disposición adicional terceira do RD 8/2023.
  • Presentar un requirimento conxunto ante o Ministerio de Educación para que actualice e publique os novos módulos para 2023.
  • Solicitar ao Ministerio de Educación incluír, xunto ao incremento retributivo para os funcionarios para o 2024, os módulos de concerto de 2024.

As organizacións sindicais FSIE, FEUSO, UGT Servizos Públicos, CCOO e CIG manifestamos e propuxemos o seguinte:

  • Rexeitamos o incremento do 2,26 % dado que nas CC AA están a abonarse xa os salarios por enriba desta porcentaxe. Aceptar esta proposta ocasionaría un grave prexuízo ao colectivo docente e, ademais, poñería en cuestión o propio convenio colectivo de ámbito estatal.
  • Ratificámonos en que a D.A. Terceira do RD 8/2023 é norma xurídica suficiente e segura para poder asinar as táboas salariais 2023 en pago delegado con todos os incrementos.
  • Para confeccionar as táboas salariais en pago delegado, podemos esperar a que o Ministerio dea a coñecer nos próximos días os módulos de Ceuta e Melilla. Poderemos contrastar os criterios utilizados polo Ministerio para recalcular os módulos de 2023.
  • Respecto á proposta de realizar un escrito conxunto ante o Ministerio, seguimos sen ver a necesidade do mesmo dado que os sindicatos consideramos suficientemente claro o establecido na D. A. Terceira do RD 8/2023.

As patronais aceptaron a proposta sindical quedando fixada unha nova reunión para o próximo día 17 de abril, data na que xa coñeceriamos os módulos do Ministerio para Ceuta e Melilla.

Consulta o comunicado conxunto de todas as organizacións sindicais