Primeiros pasos tras aprobar a oposición
Neste artigo atoparás información útil sobre os trámites que debes realizar unha vez aprobada a oposición.
Neste artigo atoparás información útil sobre os trámites que debes realizar unha vez aprobada a oposición.
CCOO Ensino, ANPE, UGT-SP e CSIF celebramos que a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, a través da Dirección Xeral de Formación Profesional, incorporase ás instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de FP no curso 2026/27 novas medidas que responden a demandas importantes do profesorado.
CCOO Ensino critica con dureza a deriva da Consellería de Política Social, que volve demostrar que a súa prioridade non é mellorar o primeiro ciclo de Educación Infantil (0-3), senón protexer o actual modelo de financiamento da rede privada subvencionada, mesmo a costa da calidade educativa, das condicións laborais das traballadoras e do interese superior da infancia.
O Real decreto-lei aprobado polo Goberno permitirá recuperar a xubilación parcial para o persoal laboral das administracións públicas, tamén no ámbito educativo: universidades, persoal de apoio educativo e profesorado de Relixión.
Na Mesa Sectorial celebrada no día de hoxe, desde CCOO Ensino manifestamos a nosa oposición ás novas instrucións da Consellería para o curso académico 2026/27. Consideramos que supoñen unha inxerencia innecesaria na autonomía organizativa e pedagóxica dos centros, que son quen mellor coñecen as necesidades do seu alumnado.
Abrimos a preinscrición no curso “Comezar con bo pé”, unha formación de 50 horas en Moodle para acompañar o profesorado que se incorpora á xefatura dun departamento de orientación.
CCOO Ensino trasladamos ao conselleiro de Educación as reivindicacións do persoal do ensino concertado no Encontro de Educadoras e Educadores celebrado en Santiago.
Abrimos a preinscrición no curso “Presente e futuro”, unha formación de 40 horas en Moodle para coñecer aspectos clave da carreira docente, a mobilidade e as condicións laborais.
Consulta a oferta formativa de CCOO Ensino para o curso 2026/27, organizada por trimestres, con información sobre datas, modalidade, horas, prazas e custo.
Nas últimas semanas, as persoas traballadoras de Down Vigo veñen alertando da grave crise de xestión e do progresivo deterioro das condicións laborais que se están a producir na entidade, unha situación que repercute moi negativamente na prestación do servizo ás persoas usuarias. Down Vigo leva xa tempo marcada por unha profunda crise económica que acabou provocando o despedimento de … Ler máis