Convocada Mesa Sectorial para o mércores, 4 de xuño

Orde do día:

  • Orde concurso praza de profesor/a de lingua e literatura galegas no colexio “Vicente Cañada Blanch” de Londres (Reino Unido)
  • Prazas sometidas a convenio ou a programas específicos
  • Licenzas de formación
  • Reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado
  • Desde CCOO Ensino reclamamos a convocatoria do concurso de atención preferente

    Ao ter coñecemento da posibilidade de que a Consellería de Educación non convoque este ano o concurso de atención preferente, desde CCOO Ensino dirixímonos de inmediato á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para reclamar que se proceda á súa convocatoria. Consideramos que non facelo suporía unha grave regresión na atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.