CCOO reafirma o seu compromiso coa paz e os dereitos humanos no Consejo Escolar del Estado

Desde CCOO celebramos que no Consejo Escolar del Estado se teña aprobado por unanimidade a nosa proposta de Declaración sobre Gaza, que denuncia a traxedia humanitaria e educativa que vive a poboación civil, especialmente nenos, nenas e persoal docente e educativo, e esixe un cesamento do fogo inmediato e a defensa do dereito á educación e a paz.

Desde CCOO convidamos a todos os consellos escolares autónomicos, aos territorais e aos centros para facer a súa e apoiar, reafirmando o compromiso da comunidade educativa coa xustiza, a paz e os dereitos humanos.

As CCOO continuaremos traballando por unha sociedade comprometida cos valores de xustiza, sustentabilidade e paz en todo o mundo.