CCOO denuncia o incumprimento do convenio colectivo en relación coa estabilización do profesorado axudante doutor
A UDC demora ao máximo a estabilización deste colectivo o que impide a súa carreira profesional.
A UDC demora ao máximo a estabilización deste colectivo o que impide a súa carreira profesional.
Este sábado celebraremos o Día das Letras Galegas cunha homenaxe sen precedentes: a poesía popular oral e a figura das mulleres pandeireteiras son recoñecidas como alicerces da nosa cultura.
Desde CCOO rexeitamos a creación dunha nova universidade privada en Galicia e lamentamos o apoio da alcaldesa da Coruña a esta iniciativa. Para Comisións Obreiras, a postura de Inés Rey é incoherente coa liña política expresada polo seu partido á fronte do Goberno de España, que aposta por limitar estas institucións.
O 1 de maio entra en vigor o novo concerto de MUFACE 2025-2027. Do 1 ao 31 de maio ábrese un prazo especial de cambio de entidade.
Xornadas da Federación de Enseñanza de CCOO centradas na formación sindical LGTBIQ+
Datas: venres 25 e sábado 26 de abril
Na concentración diante do Ministerio de Facenda, o coordinador da Área Pública de CCOO, Lucho Palazzo, esixiu o pagamento do 0,5 % pendente de 2024, un incremento salarial para 2025, completar o cumprimento do Acordo Marco para unha Administración do Século XXI e negociar un novo acordo plurianual. Estas reivindicacións entregáronse a Facenda nun manifesto rexistrado no ministerio ao rematar a mobilización.
A pesar das reiteradas peticións do noso sindicato, o Goberno de España non está a cumprir nin os seus compromisos nin o seu deber cos empregados e empregadas públicas. E é que dous meses despois de que o INE certificase o IPC de 2024, aínda non se levou ao Consello de Ministros e Ministras a orde para pagarnos o 0,5 % restante de incremento salarial correspondente a 2024. Un incremento que provén do acordo asinado por CCOO e UGT en outubro de 2022.
O sindicato insta o Goberno a evitar ser demasiado cautos na aplicación das medidas e restricións e a establecer un mecanismo claro e sistemático de control para evitar o estrangulamento das universidades públicas.
No Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo,, desde a Federación de Ensino de CCOO esiximos un incremento dos recursos materiais e, sobre todo, de persoal especializado dende as etapas máis temperás e durante toda a educación obrigatoria e postobrigatoria, xa que o diagnóstico precoz e o seguimento sostido son vitais para mellorar a calidade de vida das persoas con TEA.
Recentemente, publicouse a actualización do II Convenio colectivo de PDIL á LOSU e á normativa en materia de conciliación, igualdade e non discriminación. Tamén, un acordo de xubilación que, actualizado consonte a normativa actual, recupera o artigo 42 do convenio que fora derrogado pola reforma laboral de 2012.