Rexeitamos a creación dunha nova universidade privada en Galicia e lamentamos o apoio da alcaldesa da Coruña a esta iniciativa

Desde CCOO rexeitamos a creación dunha nova universidade privada en Galicia e lamentamos o apoio da alcaldesa da Coruña a esta iniciativa. Para Comisións Obreiras, a postura de Inés Rey é incoherente coa liña política expresada polo seu partido á fronte do Goberno de España, que aposta por limitar estas institucións.