Este sábado celebraremos o Día das Letras Galegas cunha homenaxe sen precedentes: a poesía popular oral e a figura das mulleres pandeireteiras son recoñecidas como alicerces da nosa cultura.
Adolfina e Rosa Casás, Eva Castiñeira ou as Pandeireteiras de Mens representan unha tradición viva, transmitida de xeración en xeración, que mantivo acesa a lingua nos seráns, nas festas… e tamén nas reivindicacións.
Desde CCOO Galicia e CCOO Ensino defendemos unha cultura que nace do pobo e se mantén grazas ao compromiso colectivo. Porque a nosa lingua non é só unha herdanza: é unha ferramenta de igualdade, cohesión e transformación social.
Por este motivo, vimos de aprobar, no 13.º Congreso do SN de CCOO de Galicia, unha resolución para avanzar nun compromiso real e transformador en relación coa nosa lingua no mundo sindical e do traballo.
Porque sen lingua non hai pobo. 🙌
#DíadasLetrasGalegas #LetrasGalegas #LetrasGalegas2025 #Cantareiras #CulturaPopular

