O 16 de maio conmemoramos o Día Internacional do Persoal de Apoio Educativo (PAE), recoñecendo o labor fundamental que desempeñan estas traballadoras e traballadores na atención integral ao alumnado e no funcionamento dos centros educativos.
Desde CCOO Ensino, sumámonos a esta celebración para reivindicar:
- A dignificación das condicións laborais do PAE.
- A súa integración plena e recoñecemento como parte esencial da comunidade educativa.
- A fin da precariedade e a externalización dos servizos.
O PAE é imprescindible para garantir unha educación inclusiva e de calidade, atendendo as necesidades académicas, sociais e emocionais do alumnado.
Por iso, reiteramos o noso compromiso coa defensa dos dereitos do PAE, loitando por condicións laborais xustas e polo recoñecemento do seu papel esencial na educación pública.
