Non participación no CADP para o curso 25-26

Ábrese o prazo de presentación de solicitudes de non participación no concurso de adxudicación de destinos provisionais (CADP) do curso académico 2025-2026.

O persoal interino e substituto que se atope nalgunha das situacións recollidas no punto décimo quinto do texto refundido do Acordo do 20 de xuño de 1995 polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente desta consellería e publicado mediante Resolución do 2 de maio de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, poderá formular solicitude de non participación no concurso de adxudicación de destinos provisionais (CADP).

PRAZO: desde o 15 de maio ata o 2 de xuño  de 2025, ambos incluídos

MÁIS INFORMACIÓN: www.edu.xunta.gal/substitutos