O profesorado galego non merece este espectáculo

O que si merece é rigor, capacidade de traballo e de negociación para a consecución de obxectivos e unha unidade sindical real como a que levamos dous anos mantendo CCOO Ensino, ANPE e UGT-SP. Seguimos traballando para desenvolver por completo o Acordo que asinamos.

No Día do Ensino celebramos a reapertura de negociacións co Ministerio

Desde CCOO Ensino celebramos neste Día do Ensino en Galicia que a presión sindical exercida onte, 30 de outubro, por CCOO, UGT e CSIF en todo o Estado obrigase ao Ministerio de Transformación Dixital e da Función Pública a reabrir as negociacións. As concentracións diante do Ministerio e das subdelegacións do Goberno en todas as provincias amosaron o malestar crecente das traballadoras e traballadores públicos ante a parálise das negociacións e o deterioro xeneralizado dos servizos públicos.

Comunicado conxunto para o profesorado galego sobre a unidade sindical

As organizacións sindicais CCOO Ensino, ANPE e UGT-SP lamentamos profundamente o malestar xerado entre o profesorado como consecuencia da situación que existe actualmente entre as organizacións sindicais do ensino galego. 

Ao igual que sucedeu na folga do 25 de setembro, non tiñamos pensado pronunciarnos ata despois da convocatoria de folga que se fixo sen contar con nós para os días 28 e 29 de outubro. Mais como ocorreu a finais de setembro, cando se pretendeu facer ver que existía un apoio maioriatrio do profesorado galego á folga, as manipulacións que estamos presenciando obrígannos a facer público o noso posicionamento (unha vez máis).

Apertura de bolsa para impartir docencia, como persoa experta, en certos módulos do ciclo superior de Formación para a mobilidade segura e sustentable

Publicada hoxe a convocatoria dunha bolsa de “persoas expertas” para impartir docencia en determinados módulos profesionais do ciclo superior de Formación para a mobilidade segura e sustentable só durante o presente curso 25-26.

Listaxe de vacantes autorizadas froito do traballo das reunións técnicas da comisión de seguimento do Acordo sobre medidas de mellora

CCOO Ensino, ANPE e UGT-SP, ante a actitude “de aproveitamento do noso traballo” por parte doutras organizacións sindicais, vémonos na obriga de publicar os froitos do labor feito nas últimas semanas a través das reunións técnicas da comisión de seguimento do Acordo sobre medidas de mellora.