Somos esenciais! Somos prioritari@s!

A Federación de Ensino de CCOO lanza unha campaña para defender os dereitos do PAS Educativo, o traballo do persoal laboral e funcionario é esencial para garantir a calidade e o mantemento dos centros educativos. É urxente que o seu labor sexa considerado prioritario.

Incremento salarial do 2% no pagamento delegado da concertada

Xa están dispoñibles as táboas salariais actualizadas para o persoal da ensinanza concertada con pagamento delegado. Inclúen un incremento do 2% nas retribucións, con carácter retroactivo desde o 1 de xaneiro de 2024, . Este aumento aplícase a todos os conceptos salariais, de acordo co previsto para o ano 2024 no Acordo Marco para unha Administración do século XXI asinado por CCOO.

Aniversario do voto feminino en España

O 19 de novembro de 1933, as mulleres en España exerceron por primeira vez o dereito ao voto, marcando un fito fundamental na loita pola igualdade. Este logro foi posible grazas á perseveranza de activistas como Clara Campoamor, quen, a pesar das resistencias e críticas, conseguiu que o voto feminino fose incluído na Constitución de 1931. Aquel acto de coraxe e xustiza social permitiulles ás mulleres ser parte activa da democracia e expresarse politicamente.

Concentración este domingo en Santiago polo futuro do galego: “Mudemos de rumbo”

Este domingo, 17 de novembro, ás 12:00, concentrámonos en Santiago de Compostela, na Praza da Quintana, para reclamar un futuro digno para o galego. Convocamos a todas e todos a que vos sumedes a esta mobilización organizada pola plataforma Queremos Galego, baixo o lema “Mudemos de rumbo. Polo futuro do galego”.