O obxectivo é acabar con calquera situación de violencia, discriminación ou acoso contra as persoas LGTBIQ+ nos centros de traballo e así converter os ambientes laborais en espazos seguros.
Con este documento, a Federación de Ensino de CCOO pretende dar resposta a unha das esixencias da Lei 4/2023, de 28 de febreiro, para a igualdade real e efectiva das persoas trans e para a garantía dos dereitos das persoas LGTBI e o seu posterior regulamento, que establecen a obrigatoriedade de que exista un protocolo fronte ao acoso e a violencia, no que se identifiquen prácticas preventivas e mecanismos de detección e actuación fronte a estes. Pretende ser tamén unha ferramenta para que as persoas traballadoras poidan ter un modelo de protocolo e negocialo.