Día Mundial da Infancia

O 20 de novembro celébrase o Día Mundial da Infancia, que conmemora a adopción da Declaración dos Dereitos do Neno en 1959 e a Convención sobre os Dereitos do Neno en 1989. Esta data busca sensibilizar a sociedade sobre a importancia de garantir os dereitos fundamentais de todos os nenos e nenas, promovendo o seu benestar e desenvolvemento integral.

A Convención sobre os Dereitos do Neno, ratificada por todos os Estados da Asemblea das Nacións Unidas, coa excepción dos EUA, establece dereitos básicos como o acceso á educación, á saúde, á protección contra a violencia e a explotación e o dereito a expresaren as súas opinións. A pesar dos avances logrados, aínda existen desafíos significativos para asegurar que todos os nenos e nenas gocen plenamente destes dereitos.

Organizacións como UNICEF e Save the Children traballan arreo para mellorar as condicións de vida da infancia, especialmente da que se atopa en situacións de vulnerabilidade. Estas entidades promoven iniciativas que buscan garantir que cada neno e nena teña a oportunidade de desenvolver todo o seu potencial nun ambiente seguro e protector.

Toda a sociedade debe involucrarse nesta causa, recoñer que os nenos e nenas son o futuro e que investir no seu benestar é construír unha sociedade máis xusta e equitativa. Neste Día Mundial da Infancia, convidámosvos a reflexionar sobre o papel que desempeñamos na protección e promoción dos dereitos dos nenos e nenas e a emprender accións concretas que contribúan ao seu benestar e felicidade.