CCOO reclama un financiamento basal finalista que garanta a estabilidade e o futuro das universidades públicas
O mércores, 20 de novembro, constituíuse a Comisión de Traballo que establecerá o incremento do gasto público para acadar o obxectivo do 1 % do PIB destinado ao financiamento das universidades públicas, tal e como establece a LOSU.