Catro anos de inmobilismo e unha prórroga que traizoa o sector
En Galicia alertamos no seu momento de que o VII Convenio de Ensino Concertado significaría un estancamento nas melloras para as persoas traballadoras. Pasados catro anos, comprobamos que as mesas negociadoras foron un fracaso. Agora, asínase unha prórroga que perpetúa o inmobilismo.
É urxente diferenciar entre quen loita polos dereitos das persoas traballadoras e quen, aliándose coas patronais, renuncia a calquera posibilidade de mellora real.