Convocada Mesa Sectorial Docente para iniciar a negociación sobre as condicións do profesorado

Despois de toda a presión de CCOO e as máis de 100 000 sinaturas remitidas á ministra, por fin o Ministerio convocou o inicio das negociacións sobre a profesión docente cunha Mesa Sectorial o próximo 14 de xaneiro.

CCOO e UGT logran recuperar a xubilación parcial para o funcionariado e o persoal estatutario

A Área Pública de CCOO e UGT Servizos Públicos asinaron un acordo co Goberno que devolve ao persoal funcionario —incluído o pertencente ao Réxime de Clases Pasivas— e estatutario o dereito á xubilación parcial, un avance que equipara estes colectivos co resto dos traballadores e traballadoras en España, que xa gozaban deste dereito.

Acadado un novo acordo na Mesa Xeral de PAS sobre a Carreira Horizontal na USC

Como xa temos dito, a carreira horizontal xunto co desenvolvemento e posta en marcha das promocións e a redución da temporalidade, favorecendo o acceso a funcionario/a de carreira ou persoal laboral fixo, foi nestes anos un dos principais obxectivos da sección sindical de CC.OO na USC. En todos estes temas téñense producido avances moi importantes froito da negociación e o … Ler máis

Categorías USC