O Consello de Ministros e Ministras aproba as condicións para a nova licitación de MUFACE

Tras a mobilización en unidade sindical, promovida por CCOO, parece próximo o final da actual incerteza sobre a atención sanitaria do persoal funcionario, pero é necesario poñer as bases para que esta situación non se repita.

O sindicato traballou e actuou, promovendo a unidade sindical, para que poida haber un novo convenio pero lémbralle ao Goberno a necesidade de negociar, coas organizacións sindicais, un plan para asegurar a atención sanitaria do persoal funcionario sen estar sometido a esta incerteza cada tres anos. Así mesmo, CCOO esixe que se incremente o investimento na Sanidade Pública para conseguir unha atención de calidade para todas e todos.

Podes consultar o aprobado no Consello de Ministros e Ministras na seguinte ligazón.