O 13 de decembro de 2024 tivo lugar a xuntanza da MESA XERAL DE EMPREGADOS PÚBLICOS E A MESA SECTORIAL DE PERSOAL FUNCIONARIO na que se trataron os seguintes puntos da orde do día:
PROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE APROBA A OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO PARA O ANO 2024 DO PERSOAL SANITARIO FUNCIONARIO AO SERVIZO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA INCLUÍDO NO ÁMBITO DE APLICACIÓN DA LEI 17/1989, DO 23 DE OUTUBRO, DE CREACIÓN DE ESCALAS DO PERSOAL SANITARIO AO SERVIZO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA
Este proxecto de decreto foi negociado, si se lle pode chamar así, na reunión que as organizacións sindicais mantivemos o pasado 10 de decembro cos representantes da Consellería. Dende CCOO manifestamos o noso malestar por non ter enviado a información máis polo miúdo, e aínda que se nos deu traslado na reunión previa, non se recolle na documentación enviada a mesa sectorial de funcionarios públicos. Polo que manifestamos a nosa queixa ao respecto.
No que ao proxecto de decreto se refire, e unha vez escoitadas as explicacións da Directora xeral de Emprego Público e Administracións de Persoal e do Vicesecretario Xeral da Consellería de Sanidade, pouco hai que dicir:
Ofertan 15 prazas, 14 correspondentes a xubilacións do 2023 e 1 a taxa de reposición do 110% cumprindo co establecido no artigo 20.2 da Lei 31/2022, do 23 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2023. Oxalá isto non tivese que ser así, xa que ano tras ano vemos como o os servizos públicos se ven minguados na súa capacidade de servizo público por a taxa de reposición.
Solicitamos que nas convocatorias que se publiquen correspondentes a Lei 17/1986 se acumulen prazas, naqueles corpos que están pendentes de convocatoria correspondentes ás OPEs do 2022, 2023 e 2024.
Tamén que as prazas correspondentes a promoción Interna sexan do 50% da total da oferta.
PROPOSTA DE DECRETO POLO QUE SE APROBA A OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO ORDINARIA PARA O ANO 2024, DA DIRECCIÓN XERAL DE EMPREGO PÚBLICO E ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL.
A documentación correspondente a este punto foi entregada na mesma reunión da Mesa Xeral e se nos deu información por parte da Directora de Emprego Pública e Administración de Persoal in situ. En CCOO, de momento, non temos superdelegadas nin superdelegados, e polo tanto, non puidemos darunha opinión ao respecto da proposta de decreto da OPE do 2024 nin facer ningún tipo de valoración.
Solicitámoslle á Directora Xeral que a información que nos deu de viva voz na propia reunión, nola fixese chegar por escrito para poder exercer con responsabilidade a nosa acción sindical.
Os datos principais que puidemos recoller son os seguintes:
Acceso libre:
Administración Xeral: 252 prazas
Administración Especial: 320 prazas
Prazas laborais: 11 prazas
Total acceso libre: 583 prazas
Promoción interna independente: 300 prazas
Prazas funcionarización: 984
Prazas promoción específica persoal laboral: 52
Prazas entes instrumentais (persoal laboral): 55 *
(*) Os entes afectados son: IGAPE, INTECMAR, ATURGA, ACSUG, Portos de Galicia, CETMAR, Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Fundación Galicia Europa, CESGA, RETEGAL e Sociedade Vivenda Pública de Galicia, SA. Achegamos como anexo a esta nota a documentación entregada nesta xuntanzas.
PROPOSTA DE RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO DO CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR
Respecto desta RPT, manifestamos a nosa queixa máis enérxica pola tardanza e dilación na súa tramitación. Pasaron máis de 5 anos desde que tivemos acceso ao primeiro borradore agora din que teñen présa en aprobala. CCOO esixiu o tempo necesario para presentar alegacións e unha negociación sen urxencias xa que estamos a falar de 1804 postos de persoal funcionario correspondentes ás distintas escalas que prestan servizos no Consorcio.
O borrador achegado, presenta as seguintes eivas e/ou deficiencias
- Non hai unha equiparación e homologación de niveis entre as escalas desta RPT e escalas análogas ou similares da Consellería de Política Social e Xuventude, cando as funcións a desempeñar e os traballos a realizar son exactamente os mesmos.
- Non hai criterios obxectivos dentro da propia RPT para diferenciar os niveis entre escalas en función do réxime de prestación dos distintos postos de traballo (ex. todos os postos de PSX ou de xerocultor/a van ao mesmo nivel).
- Non se establece un procedemento para a provisión dos postos das direccións dos distintos centros (centrosde día,vivendas,escolas…), máis alá de enunciar que todosospostosde técnicosde ditoscentros son susceptibles de exercer funcións de dirección. Queremos que se concrete e quede determinado o procedemento de nomeamento das direccións. O que si queda claro é que os postos de dirección de nova creación (CEMVI, Ortigueira, Melide, Cerceda, Cerdedo e Taboadela) cubriranse por LD. En todo caso, queda aclarado por parte de Directora de Emprego Público que ata que non se negocie e se adopte un sistema de elección/nomemento das direccións, a situación continuará como ata agora e coas persoas que as ocupan na actualidade.
- Non se concretan nin se obxectivizan os criterios que regularán as itinerancias naqueles postos nos que conste esta observanción. Non podemos deixar a criterio de non se sabe quen cales serán as pautas que se teránenconta, cal será o ámbito xeográfico da itinerancia ou que postos si e cales non serán itinerantes.
- Non se identifican os postos ocupados por persoal laboral fixo e fixos por sentenza xudicial firme. Cuestión de especial relevancia porque ditos postos aparecen ofertados nos procesos de estabilización derivados da Lei 20/2021. Tampouco se teñen en conta sentenzas de recoñecemento de complementos salariais firmes (responsabilidade, turnicidade…) a pesar de que a propia sentenza obrigaba a incluilos na RPT.
- Nos postos de coordinación non compartimos que se limiten unicamente a educadores (no caso de escolas) e psicólogos e traballo social (no caso da área de benestar). Entendemos que hai outras titulacións que ostentan os técnicos/as de ambas as áreas que os cualifican de igual xeito para exercer funcións de coordinación. Valoramos positivamente que a provisión destes postos de nova creación (12) sexa por concurso pero non compartimos que se amorticen outros postos para crealos logo como coordinadores.
- Como aspecto positivo valoramos o anuncio da Directora de que se modificará o Decreto 37/2006 para se aplique ás contratacións e chamamentos do persoal do Consorcio. Sen tempo non foi.
A maiores, detectamos erros (postos que faltan fundamentalmente) que comunicaremos por escrito á Dirección Xeral de Emprego Público xunto coas demais alegacións de carácter xeral.