Comezan unhas intensas negociacións co Ministerio de Educación

CCOO esixiu que todos os temas esenciais para o profesorado estean nos grupos de traballo que se van constituír: grupo A1 e suba de nivel, mellora dos horarios, ratios, xubilación, benestar do profesorado, ingreso e acceso, e todo o resto das melloras en condicións laborais.

Convocada Mesa Sectorial Docente para iniciar a negociación sobre as condicións do profesorado

Despois de toda a presión de CCOO e as máis de 100 000 sinaturas remitidas á ministra, por fin o Ministerio convocou o inicio das negociacións sobre a profesión docente cunha Mesa Sectorial o próximo 14 de xaneiro.

Nefasta xestión na cobertura provisional de prazas de Inspección Educativa

A Consellería de Educación volve demostrar unha xestión deficiente ao abordar a cobertura provisional de prazas na Inspección Educativa. Tralo concurso-oposición celebrado no verán de 2024, no que se ofertaron 11 prazas pero só se cubriron 6, a Consellería optou por un procedemento improvisado e claramente ineficaz para cubrir as necesidades detectadas no servizo de Inspección Educativa ao deixar esas outras 5 vacantes desertas.