Guía de medidas para a igualdade e a non discriminación das persoas LGTBIQ+

Desde a Federación de Ensino de CCOO presentamos unha guía sindical clave para acadar a igualdade real e efectiva do colectivo LGTBIQ+, e a prevención e protección da discriminación e o acoso ás persoas LGTBIQ+ e á diversidade familiar no seo das empresas privadas dos nosos ámbitos de acción.

Guía en PDF

A loita polos dereitos das persoas LGTBIQ+ é e será para CCOO unha prioridade, e como sindicato de clase pelexamos para que esta loita se vise reflectida na normativa laboral.

A resposta a esta loita e a este traballo constante foi a Lei 4/2023, de 28 de febreiro, para a igualdade real e efectiva das persoas trans e para a garantía dos dereitos das persoas LGTBI, que supuxo un grande avance na consecución destes dereitos.

Agora toca o labor sindical e social de converter esta norma en realidade, plasmala e esixila na negociación colectiva.