Publicada no DOG a nova prórroga do Acordo de Xubilación Parcial ata 2026

O DOG deste martes 12 de novembro vén de publicar o acordo para prorrogar a posibilidade de acollerse á xubilación parcial anticipada por parte do persoal laboral. 

Tal e como recolle o DOG de hoxe, a Xerencia no exercicio das competencias que ten atribuídas e o Comité lntercentros negociaron e acordaron a prórroga ata 31 de decembro de 2026 do Acordo de xubilación parcial subscrito en 2019

Nesta negociación actualizáronse os requisitos que deberá cumprir a persoa traballadora que afectan á idade e ao período de cotización exixido, e que quedan establecidos do seguinte xeito:


Ao acordo de xubilación parcial poderase acollero persoal laboral fixo, que reducirá así a súa xornada anual nun 50%, acumulable nun único período ao inicio da súa xubilación. Tamén se poderá acoller o persoal interino, se acada a condición de fixo antes da súa xubilación.   

A publicación deste novo acordo de prórroga posibilita que a USC continúe a ser a única universidade do ámbito galego onde é posible acollerse a esta medida da xubilación parcial anticipada.

Amósase así, unha vez máis, a capacidade da acción sindical que vimos desenvolvendo dende CC.OO para mellorar e defender as condicións de traballo do persoal da USC

Logo CCOO USC

Avenida das Ciencias s/n
Locais Sindicais da USC
Campus Sur
Santiago de Compostela

CCOO da USC, o teu sindicato, a mellor garantía