Balance dun ano de negociacións do Plan de Igualdade: un ano despois de telas iniciado, seguimos sen plan para o persoal docente

O 21 de xuño de 2024, despois de múltiples reclamacións de CCOO na Mesa Sectorial docente non universitaria, por fin se puxeron en marcha as negociacións para dotar ao persoal docente dun Plan de Igualdade específico. Un ano despois, seguimos esperando.

A administración neglixente das vivendas de mestres e mestras do CEP de Sabarís por parte do Concello de Baiona e a Consellería de Educación impide que o profesorado do centro poida facer uso delas

Dende esta organización sindical desenvolveremos todas cantas medidas estean na nosa man para garantir o dereito do profesorado do ensino público a poder vivir nas casas de mestres e mestras, máis alá de actuacións inxustas e improcedentes da Administración.

CCOO Ensino sempre apostou pola unidade de acción de toda a comunidade educativa

A liña de acción sindical de CCOO Ensino pasa por estar sempre dispostas e dispostos a loitar pola mellora do ensino galego e das nosas condicións laborais, en solitario ou desde a unidade de acción, pero sen aceptar imposicións de ningún tipo. DIÁLOGO, COORDINACIÓN E ACCIÓN!