A brutal agresión contra unha docente valenciana non pode quedar impune

Condenamos a brutal agresión sufrida por unha docente xubilada do País Valencià durante as mobilizacións en defensa da educación pública e esiximos a depuración inmediata de responsabilidades.

CCOO Ensino rexeita o despedimento dunha delegada sindical en Aldeas Infantiles SOS Galicia

CCOO Ensino expresa o seu rexeitamento ao despedimento dunha traballadora de Aldeas Infantiles SOS Galicia que forma parte do Comité de Empresa de Vigo e é delegada de CCOO. A organización considera especialmente grave que esta decisión empresarial afecte a unha representante legal das persoas traballadoras nun contexto no que viña exercendo funcións de defensa dos dereitos laborais no centro … Ler máis

CCOO e UGT denunciamos “o bloqueo intolerable da Secretaría de Estado de Seguridade Social á xubilación parcial nas Administracións públicas”

Segundo os sindicatos, a Secretaría de Estado de Seguridade Social ten paralizado desde hai máis de dous meses un acordo de xubilación parcial pactado con UGT e CCOO, e mantén secuestrado un dereito de miles de empregadas e empregados públicos. A Federación de Servizos Públicos de UGT e a Área Pública de CCOO denuncian “a actitude inxustificable da Secretaría de … Ler máis

Proxecto de real decreto do estudantado universitario: unha reforma necesaria pero falta de concreción

Tal e como vos informamos, o pasado 27 de abril abriuse o prazo de presentación de alegacións, no marco do trámite de audiencia e información pública, ao Proxecto de real decreto do Estatuto do Estudantado Universitario. Este trámite rematou o luns 18 de maio. Desde CCOO consideramos positivos os avances contidos no texto, no que se observa un esforzo por … Ler máis

Chamamos á participación do persoal de apoio educativo nas mobilizacións convocadas por CCOO, CSIF e UGT ante a deriva autoritaria, os recortes e o desprezo á negociación colectiva da Xunta de Galicia

CCOO Ensino chamamos o persoal de apoio educativo a participar nas mobilizacións convocadas por CCOO, CSIF e UGT contra os recortes, a deriva autoritaria e o desprezo da Xunta á negociación colectiva.

CCOO denuncia un grave recorte de dereitos nas listas de contratación da Xunta de Galicia

A modificación do Decreto de listas impulsada pola Xunta elimina garantías, precariza as condicións laborais e favorece a arbitrariedade da Administración. Desde CCOO queremos trasladar ás persoas integrantes das listas de contratación temporal da a nosa profunda preocupación pola modificación do Decreto 37/2006 aprobada pola Administración galega. Para CCOO, esta reforma supón un claro retroceso nos dereitos das persoas aspirantes … Ler máis

Análise xurídica da sentenza do Tribunal Supremo sobre abuso de temporalidade no persoal laboral

Análise da STS 475/2026 sobre abuso da temporalidade no persoal laboral das administracións públicas. A sentenza non afecta ao persoal funcionario interino nin implica a fixeza automática: limita esta posibilidade a supostos moi concretos e abre a vía á indemnización polo abuso cando non proceda declarar a fixeza.