Saltar ao contido
CCOO Ensino – Federación de Ensino de CCOO de Galicia
Síguenos en redes sociais:
LogoCCOOEnsinoRojoSobreBlancoFondoTransparente
  • Ensino Público
        • Novas
        • Retribucións
        • Oposicións
        • Permisos, licenzas, reducións de xornada e excedencias
        • Maternidade, adopción ou acollemento e lactación
        • Concursos e convocatorias
          • Concurso Xeral de Traslados (CXT)
          • Concurso de Orientación
          • Concurso de Adxudicación de Destinos Provisionais (CADP)
          • Comisións de conciliación familiar e laboral
          • Comisións por motivos de saúde
          • Outros concursos e convocatorias
        • Interinidades e substitucións
          • Normativa de persoal interino e substituto
          • Servizo de consultas de substitucións
          • Novas sobre interinidades e substitucións
        • Permutas e intercambios provisionais de destinos
        • Xubilacións - A que colectivo pertenzo?
          • Xubilacións polo Réxime de Clases Pasivas (RCP)
          • Xubilacións polo Réxime Xeral da Seguridade Social (RXSS)
        • Mesa Sectorial
        • Lexislación
        • Profesorado de relixións
        • FORMACIÓN PROFESIONAL - PREGUNTAS FRECUENTES
        • RECOLLIDA DE SINATURAS: A1 para todos os corpos docentes
  • Ensino Privado
        • Novas
          • Ensino concertado
          • Discapacidade
          • Infantil 0-3
          • Ensino privado sen concerto
          • Outros sectores
        • Información
          • Ensino concertado
          • Discapacidade
          • Infantil 0-3
          • Ensino privado sen concerto
          • Convenios doutros sectores
        • Xubilacións
  • PSEC
        • Novas
        • Lexislación
        • Permisos
        • Retribucións
        • Procesos selectivos
        • Xubilacións
  • Universidade
        • Novas
        • USC
        • UVigo
        • Lexislación
  • Formación
  • Áreas
        • Igualdade
          • Protocolo de igualdade, non discriminación, liberdade e identidade de xénero
          • Guía de medidas para a igualdade e a non discriminación das persoas LGTBIQ+
        • Política Educativa
        • Saúde Laboral
          • Xestión de baixas e accidentes laborais
          • Guía de Incapacidade Temporal (IT) para Docentes
          • Guía de Incapacidade Temporal (IT) para PAE
          • Que facer (e que non) durante unha baixa laboral
          • Guía para previr as exposicións ao radón nos centros de traballo
          • Temperatura no posto de traballo
          • ISTAS - Instituto Sindical de Trabajo, Ambiente y Salud
          • Póliza de accidentes do persoal
          • Procedemento de tramitación de sinistros
          • Servizo de PRL (Consellería)
          • Servizo de PRL (Xunta de Galicia)
        • Xubilacións
        • Xuventude
  • O sindicato
        • Quen somos?
        • Web de CCOO
        • Portal de Transparencia
        • Canle ética de CCOO
        • Web da FECCOO
        • Web do Sindicato Nacional
        • Federacións nacionais
        • Unións territoriais
        • Fundación 10 de marzo
  • Afiliación
        • Acceso para persoas afiliadas
        • Afíliate
        • Actualiza os teus datos
        • Servizos á afiliación
  • Contacto
LogoCCOOEnsinoRojoSobreBlancoFondoTransparente
  • Ensino Público
        • Novas
        • Retribucións
        • Oposicións
        • Permisos, licenzas, reducións de xornada e excedencias
        • Maternidade, adopción ou acollemento e lactación
        • Concursos e convocatorias
          • Concurso Xeral de Traslados (CXT)
          • Concurso de Orientación
          • Concurso de Adxudicación de Destinos Provisionais (CADP)
          • Comisións de conciliación familiar e laboral
          • Comisións por motivos de saúde
          • Outros concursos e convocatorias
        • Interinidades e substitucións
          • Normativa de persoal interino e substituto
          • Servizo de consultas de substitucións
          • Novas sobre interinidades e substitucións
        • Permutas e intercambios provisionais de destinos
        • Xubilacións - A que colectivo pertenzo?
          • Xubilacións polo Réxime de Clases Pasivas (RCP)
          • Xubilacións polo Réxime Xeral da Seguridade Social (RXSS)
        • Mesa Sectorial
        • Lexislación
        • Profesorado de relixións
        • FORMACIÓN PROFESIONAL - PREGUNTAS FRECUENTES
        • RECOLLIDA DE SINATURAS: A1 para todos os corpos docentes
  • Ensino Privado
        • Novas
          • Ensino concertado
          • Discapacidade
          • Infantil 0-3
          • Ensino privado sen concerto
          • Outros sectores
        • Información
          • Ensino concertado
          • Discapacidade
          • Infantil 0-3
          • Ensino privado sen concerto
          • Convenios doutros sectores
        • Xubilacións
  • PSEC
        • Novas
        • Lexislación
        • Permisos
        • Retribucións
        • Procesos selectivos
        • Xubilacións
  • Universidade
        • Novas
        • USC
        • UVigo
        • Lexislación
  • Formación
  • Áreas
        • Igualdade
          • Protocolo de igualdade, non discriminación, liberdade e identidade de xénero
          • Guía de medidas para a igualdade e a non discriminación das persoas LGTBIQ+
        • Política Educativa
        • Saúde Laboral
          • Xestión de baixas e accidentes laborais
          • Guía de Incapacidade Temporal (IT) para Docentes
          • Guía de Incapacidade Temporal (IT) para PAE
          • Que facer (e que non) durante unha baixa laboral
          • Guía para previr as exposicións ao radón nos centros de traballo
          • Temperatura no posto de traballo
          • ISTAS - Instituto Sindical de Trabajo, Ambiente y Salud
          • Póliza de accidentes do persoal
          • Procedemento de tramitación de sinistros
          • Servizo de PRL (Consellería)
          • Servizo de PRL (Xunta de Galicia)
        • Xubilacións
        • Xuventude
  • O sindicato
        • Quen somos?
        • Web de CCOO
        • Portal de Transparencia
        • Canle ética de CCOO
        • Web da FECCOO
        • Web do Sindicato Nacional
        • Federacións nacionais
        • Unións territoriais
        • Fundación 10 de marzo
  • Afiliación
        • Acceso para persoas afiliadas
        • Afíliate
        • Actualiza os teus datos
        • Servizos á afiliación
  • Contacto

Medidas consolidadas para mellorar o ensino público galego froito do diálogo e da negociación

29/05/2026

CCOO Ensino, ANPE, UGT-SP e CSIF asinamos coa Consellería de Educación unha addenda ao Acordo sobre Medidas de Mellora e unha modificación do Acordo de Catálogos de Infantil e Primaria que consolidan avances fundamentais para o profesorado e para a calidade do ensino público galego.

Hoxe damos un novo paso adiante no desenvolvemento do Acordo sobre Medidas de Mellora do sistema educativo público non universitario de Galicia, asinado en 2023 polas organizacións sindicais CCOO Ensino, ANPE e UGT-SP coa Consellería de Educación, ao que posteriormente se adheriu CSIF mediante a súa sinatura o 9 de decembro de 2025.

A sinatura da addenda ao Acordo e da modificación do Acordo de Catálogos de Educación Infantil e Primaria (que databa do 2007) permite garantir novas medidas estruturais que melloran as condicións de traballo do profesorado, reforzan a atención educativa ao alumnado e consolidan emprego docente estable nos centros públicos galegos. Todo isto nun contexto de descenso da natalidade, pero ao mesmo tempo, de notable incremento das necesidades educativas do alumnado.

En concreto, o acordo asinado hoxe garante:

  • A recuperación das 18 sesións lectivas para o profesorado de Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional e ensinanzas tanto de réxime especial como de persoas adultas, mellorando as condicións existentes con anterioridade ao ano 2012.
  • A fixación de 23 sesións (como máximo) de permanencia semanal no centro, avanzando cara a unha organización horaria máis equilibrada e homologable ás mellores condicións existentes no Estado.
  • O recoñecemento, por primeira vez, da función titorial con redución de horario lectivo, unha demanda histórica do profesorado e das organizacións asinantes.
  • A mellora da regulación horaria das funcións de coordinación, responsabilidades organizativas e atención ás necesidades reais dos centros.
  • A modificación do Acordo de Catálogos de Infantil e Primaria de 2007, que permitirá incrementar o profesorado permanente e estable de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe. Coa consolidación de máis persoal especialista de atención á diversidade, reducindo a dependencia de reforzos conxunturais e dando estabilidade aos cadros de persoal dos centros.

Estas medidas non son unha retaíla de demandas, nin unha declaración de intencións, nin unha promesa pendente de desenvolvemento futuro. Son acordos asinados, con aplicación inmediata en Galicia para o curso 26/27, froito da negociación colectiva e do traballo continuado das organizacións sindicais asinantes.

Nun momento no que a redución dos horarios lectivos e das ratios forma parte do debate estatal, Galicia adiántase e garante por acordo medidas que aínda non están aprobadas no ámbito do Estado. O proxecto de lei estatal continúa a súa tramitación parlamentaria con serias dificultades e, polo tanto, non existe neste momento ningunha garantía de que esas medidas se aproben finalmente nos termos previstos nin nos prazos anunciados.

Fronte á incerteza estatal, en Galicia hai acordo, hai calendario e hai medidas concretas.

Tamén nun contexto no que noutros territorios se enquistan situacións de folga, conflito aberto e falta de acordo arredor das condicións de traballo do profesorado, as organizacións asinantes demostramos que a negociación seria, constante e sostida no tempo permite acadar avances reais para os centros, para o profesorado e para o alumnado na nosa comunidade.

A mobilización e a presión sindical son ferramentas lexítimas e necesarias cando serven para abrir camiños de negociación. Pero os dereitos consolídanse cando as reivindicacións se transforman en acordos asinados, en normas aplicables e en melloras efectivas nos centros educativos.

O acordo de hoxe dá continuidade ao camiño iniciado en 2023 e consolida avances que xa permitiron frear recortes, evitar o peche de aulas, reforzar o emprego docente, reducir horarios lectivos, avanzar na redución de ratios, mellorar retribucións e fortalecer a atención á diversidade; agora dáse un novo paso coa recuperación das 18 sesións lectivas en Secundaria, FP e ensinanzas de réxime especial, o recoñecemento horario da función titorial e o incremento estable de profesorado de PT e AL, medidas que melloran a organización do traballo docente, reforzan a atención ao alumnado e consolidan unha resposta máis eficaz e continuada ás necesidades educativas dos centros.

As organizacións asinantes valoramos especialmente que estas medidas teñan carácter estrutural. Non falamos de parches nin de actuacións illadas, senón de cambios que modifican a organización do sistema e que terán impacto directo no funcionamento dos centros públicos galegos.

Este acordo é froito da unidade sindical de CCOO Ensino, ANPE, UGT-SP e CSIF no marco do Acordo sobre Medidas de Mellora. Unha unidade construída arredor de obxectivos concretos, propostas viables e traballo negociador rigoroso. Unha unidade sempre aberta a seguir sumando, pero centrada en conseguir resultados útiles para o profesorado e para o ensino público.

Queda traballo por facer. Seguiremos reclamando novas melloras na redución de ratios, na atención á diversidade, na redución da burocracia, na organización dos centros, na saúde laboral, nas condicións do profesorado de todas as etapas e na dotación de medios humanos suficientes.

Pero hoxe é un día importante para o ensino público galego.

Porque o que durante anos foi unha demanda sindical e profesional pasa a converterse en acordo asinado.

Porque Galicia garante medidas que noutros lugares aínda son obxecto de conflito ou de tramitación incerta.

E porque demostramos que a negociación colectiva, cando se exerce con responsabilidade, firmeza e unidade, mellora as condicións laborais do profesorado e reforza a calidade do ensino público.

CCOO Ensino, ANPE, UGT-SP e CSIF seguiremos traballando para completar o desenvolvemento do Acordo sobre Medidas de Mellora e para continuar avanzando nun ensino público galego con máis profesorado, mellores condicións laborais e máis recursos para atender mellor o alumnado.

Categorías Novas, Portada, Subportada Etiquetas Acordo de medidas de mellora, atención á diversidade, catálogo, función titorial, horario lectivo
Chamamos á participación do persoal de apoio educativo nas mobilizacións convocadas por CCOO, CSIF e UGT ante a deriva autoritaria, os recortes e o desprezo á negociación colectiva da Xunta de Galicia
Banner Oposicións 2025
Banner campaña Estatuto Decente

Síguenos en redes sociais:

Anuncios da Consellería

  • ORDE do 27 de maio de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os Premios Extraordinarios de Educación Secundaria Obrigatoria ao Rendemento Académico correspondentes ao curso 2025-2026 (código de procedemento ED311D)
    Fonte: Anuncios da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades Publicado o 29-05-2026
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Cualificacións provisionais Convocatoria 2026
    Fonte: Anuncios da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades Publicado o 29-05-2026
  • Matrícula nas ensinanzas das EOI para o curso 2026/27
    Fonte: Anuncios da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades Publicado o 29-05-2026
  • Resolución definitiva de centros participantes no proxecto Educación Dixital de Galicia (E-Dixgal) durante o curso 2026/27
    Fonte: Anuncios da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades Publicado o 27-05-2026
  • Convocatoria do Programa para a orientación, avance e enriquecemento educativo en centros de especial complexidade educativa (Programa PROA+ FSE+)
    Fonte: Anuncios da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades Publicado o 27-05-2026
Older posts
Maio 2026
M T W T F S S
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
« Abr    
LogoCCOOEnsino-200w

Rúa Miguel Ferro Caaveiro, 8 - 1º andar Santiago de Compostela - C. P. 15707

Aviso legal

Política de privacidade

Política de cookies

Contacto

Afíliate

Redes sociais

CCOO Ensino - Federación de Ensino de Comisións Obreiras de Galicia - 2026
LogoCCOOEnsino-200w
Xestionar o consentimento das cookies
Para ofrecer as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento destas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou as identificacións únicas neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento, pode afectar negativamente a certas características e funcións.
Funcional Always active
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario para o propósito lexítimo de permitir o uso dun servizo específico explicitamente solicitado pola persoa aboada ou usuaria, ou co único propósito de levar a cabo a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estatísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. O almacenamento ou acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fins estatísticos anónimos. Sen un requirimento, ou cumprimento voluntario por parte do teu provedor de servizos da internet, ou os rexistros adicionais dun terceiro, a información almacenada ou recuperada só para este propósito non se pode utilizar para identificarte.
Marketing
O almacenamento ou acceso técnico é necesario para crear perfís de persoa usuaria para enviar publicidade, ou para rastrexar á persoa usuaria nunha web ou en varias webs con fins de marketing similares.
  • Manage options
  • Manage services
  • Manage {vendor_count} vendors
  • Read more about these purposes
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}