Plan para o impulso da atención á diversidade
Valoramos o novo Plan para o impulso da atención á diversidade como un avance froito do diálogo e do Acordo sobre Medidas de Mellora
Valoramos o novo Plan para o impulso da atención á diversidade como un avance froito do diálogo e do Acordo sobre Medidas de Mellora
A modificación do Decreto de listas impulsada pola Xunta elimina garantías, precariza as condicións laborais e favorece a arbitrariedade da Administración. Desde CCOO queremos trasladar ás persoas integrantes das listas de contratación temporal da a nosa profunda preocupación pola modificación do Decreto 37/2006 aprobada pola Administración galega. Para CCOO, esta reforma supón un claro retroceso nos dereitos das persoas aspirantes … Ler máis
Análise da STS 475/2026 sobre abuso da temporalidade no persoal laboral das administracións públicas. A sentenza non afecta ao persoal funcionario interino nin implica a fixeza automática: limita esta posibilidade a supostos moi concretos e abre a vía á indemnización polo abuso cando non proceda declarar a fixeza.
Defendemos na Mesa Negociadora do VIII Convenio da concertada unha clasificación profesional que recoñeza os postos de traballo reais presentes nos centros e evite fórmulas de flexibilidade que poidan derivar en precariedade ou ampliación de funcións.
O 16 de maio celebramos o Día Internacional do Persoal de Apoio Educativo, unha data para recoñecer o labor imprescindible das profesionais que sosteñen cada día os centros educativos. Desde CCOO Ensino reclamamos á Consellería máis persoal, mellores condicións, estabilidade e a apertura dunha mesa específica de negociación para o PAE.
Hoxe deu comezo en Sagunto a Escola de Formación Sindical LGBTIQ+ Veri Pazos 2026 da Federación de Enseñanza de CCOO, coa mirada posta en artellar espazos de resistencia contra os discursos de odio reaccionarios e fortalecer o compromiso coa defensa do colectivo LGBTIQ+.
O 13 de maio tivo lugar a Mesa Sectorial. Consulta a nosa intervención e as respostas da Administración.
Todas as OOSS con representatividade no ensino concertado queremos trasladar formalmente a nosa fonda preocupación pola situación que atravesa o ensino concertado en Galicia e, ao mesmo tempo, reafirmar con firmeza a nosa exixencia de apertura dun proceso de negociación real, efectivo e respectuoso que permita avanzar cara a melloras substanciais para o sector.
CCOO participou na concentración convocada no marco da folga estatal do primeiro ciclo de Educación Infantil para reclamar condicións laborais dignas, recoñecemento profesional e unha aposta real por unha etapa educativa pública, gratuíta e de calidade.
CCOO Ensino, ANPE, UGT-SP e CSIF valoramos positivamente o inicio do paso pola Mesa Sectorial das primeiras medidas derivadas da comisión de seguimento do Acordo de mellora do ensino público. As propostas permitirán aplicar novos avances no curso 2026/27.