Mobilízate pola fin do xenocidio do pobo palestino

O mércores 15 de outubro CCOO e UGT convocamos paros parciais de dúas horas por turno en todos os centros de traballo de Galicia, para denunciar o xenocidio en Gaza. Acompañamos a convocatoria con materiais didácticos, un modelo de adhesión e unha comunicación voluntaria para que o desconto salarial poida destinarse a ONG con fins humanitarios.

Non cabe a neutralidade ideolóxica cando falamos de Dereitos Humanos

Desde CCOO Ensino denunciamos con firmeza o xenocidio que se está a producir contra o pobo palestino na Franxa de Gaza, ademais das deportacións, destrución, fame e negación de axuda humanitaria. A situación esixe unha resposta ética e social rotunda por parte de toda a comunidade internacional, e a comunidade educativa de Galicia non pode, nin debe, permanecer en silencio.

Proxecto de real decreto polo que se establecen as especialidades e os ámbitos de coñecemento de profesorado universitario

O pasado mes de xullo coñecemos o texto do «Proxecto de Real Decreto polo que se establecen as especialidades de coñecemento para os efectos do establecemento dos perfís dos concursos das prazas de profesorado universitario das universidades públicas e os ámbitos de coñecemento para os efectos da adscrición dos postos de traballo do profesorado universitario», documento ao que CCOO presentou as correspondentes alegacións.

O real decreto de creación e autorización de universidades e centros universitarios chega ao Consello de Ministros sen que a comunidade universitaria coñeza o seu contido

O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades trasládalle ao Consello de Ministros a aprobación do real decreto que reforma o RD 640/2021 de creación, recoñecemento e autorización de universidades e centros universitarios, e acreditación institucional de centros universitarios sen que a comunidade universitaria teña coñecemento do texto final, malia que se lle reclamou por diversas vías desde o pasado mes de xullo.

CCOO Ensino denuncia o veto no Consello Escolar de Galicia a unha resolución sobre Palestina

No Consello Escolar de Galicia celebrado onte, a nosa organización solicitou que se debatera unha resolución de condena do xenocidio que está a sufrir o pobo palestino e de apoio á paz, á convivencia e ao dereito internacional. A Presidencia do órgano rexeitou sequera admitir a súa presentación, baixo o argumento de que non era un tema propio do Consello.

As Comunidades Autónomas avanzan no fomento das universidades privadas a expensas da universidade pública

Desde boa parte das CC.AA. poténciase un modelo universitario no que prima, en moitos casos, a universidade como oportunidade de negocio, favorecendo o crecemento incontrolado e inxustificado de universidades privadas. Aposta por un modelo que non só non garante a igualdade efectiva de oportunidades, senón que incrementa as desigualdades sociais.