A Consellería corrixe por fin o erro no cálculo de sexenios e titoría do 2025

As organizacións sindicais CCOO Ensino, ANPE e UGT-SP informamos ao profesorado galego de que a Consellería de Educación regularizou as cantidades pendentes e corrixiu o erro aplicado en 2025 no cálculo dalgúns complementos retributivos vinculados ao Acordo sobre medidas de mellora asinado a finais de 2023.
Coa publicación onte, día 26 de xaneiro, da Orde de confección de nóminas para o ano 2026, tamén damos por bos os cálculos para a aplicación da parte fixa da suba para este exercicio.

Logro sindical na negociación de condicións do persoal interino e substituto

CCOO Ensino, ANPE, CSIF e UGT-SP, como organizacións sindicais asinantes do Acordo
para as condicións de traballo do persoal interino e substituto informamos dun avance
fundamental alcanzado polos catros sindicatos e a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP no seo da comisión de seguimento deste Acordo.

Calcula como che afecta o acordo salarial das administracións públicas

Tras a sinatura por parte de CCOO do Acordo Marco para a mellora do emprego público e do servizo á cidadanía, poñemos á disposición das traballadoras e traballadores unha calculadora retributiva que permite estimar, de forma orientativa, as cantidades a percibir durante a vixencia do acordo. A ferramenta ten en conta o territorio e o corpo ou sector, e inclúe … Ler máis