CCOO Ensino reforzamos o noso compromiso coa igualdade real e a loita feminista
O Consello da Federación de Ensino de CCOO, celebrado o 25 de febreiro, aprobou por unanimidade a resolución titulada: «O poder das mulleres unidas é infinito»
O Consello da Federación de Ensino de CCOO, celebrado o 25 de febreiro, aprobou por unanimidade a resolución titulada: «O poder das mulleres unidas é infinito»
A unidade sindical nos sectores de Política Social en Galicia viuse quebrada tras a convocatoria unilateral da CIG dunha concentración en Ourense, sen consenso nin comunicación previa, e incumprindo acordos comúns.
CCOO, UGT e USO consideramos inviable a súa continuidade, pero seguiremos traballando polas campañas Mércores de loita nos centros de traballo e Petiscos de realidade en defensa dos dereitos das persoas traballadoras.
A LUPA é unha norma regresiva que ameaza o modelo público andaluz de universidade
O 8 de marzo é o día en queas mulleres de todo o mundo xuntamos as nosas voces para felicitármonos polos logros acadados e reivindicarmos con enerxía que os dereitos das mulleres non teñen fronteiras e non son negociables.
Un ano máis, Galicia vístese de gala para celebrar o nacemento de Rosalía de Castro, a figura que puxo os alicerces da nosa literatura moderna e que segue a ser o corazón da nosa identidade cultural. Máis alá de ser a voz da “saudade” e da terra, Rosalía foi unha pioneira na defensa da xustiza social e dos dereitos das … Ler máis
Negociación do VII Convenio Colectivo de empresas de ensino privado sostidas total ou parcialmente con fondos públicos. As catro organizacións sindicais na mesa defendemos a necesidade de proceder ao peche inmediato das táboas salariais correspondentes ao VII Convenio Colectivo, especialmente as do PAS e niveis non concertados: non se pode iniciar a negociación dun novo convenio sobre compromisos salariais pendentes … Ler máis
CCOO defende as condicións laborais de todo o persoal docente, tanto no ensino público como no concertado. Por iso, presentamos no Consello Escolar do Estado unha emenda ao informe do Anteproxecto de Lei para reducir a carga lectiva máxima: até 23 horas en Infantil e Primaria e 18 horas en Secundaria. Esta mellora foi incorporada ao informe preceptivo do órgano consultivo tras o debate na Comisión Permanente (9 de decembro de 2025) e quedou recollida no texto aprobado polo Pleno o 12 de febreiro de 2026. En CCOO seguimos traballando para que os avances cheguen a todo o profesorado, sen excepción.
As recentes resolucións do Tribunal Supremo establecen que, cando un festivo coincide co descanso semanal, debe compensarse: o festivo non se “perde”. No ámbito educativo, esta interpretación afecta a convenios como Acción e intervención social, Reforma xuvenil e protección de menores, Ocio educativo e animación sociocultural e Atención a persoas con discapacidade. Porque os descansos son un dereito.
No día de onte mantivemos unha reunión de traballo con Anpas Galegas. A xuntanza permitiu constatar que compartimos unha análise moi similar sobre as necesidades actuais do sistema educativo galego e sobre as inquedanzas que trasladan tanto o profesorado como as familias.
Este mércores celebrouse a primeira mesa de negociación do Convenio de centros especiais de emprego de Galicia, tras a súa constitución o 19 de xaneiro, coa presentación da nosa plataforma reivindicativa.