Campaña de solidariedade con Cuba. Fronte ao bloqueo e á guerra, eliximos solidariedade
CCOO pon en marcha unha campaña urxente de solidariedade con Cuba para recoller medicamentos, material sanitario e subministracións destinadas á recuperación do sistema de saúde. Nun contexto marcado polo bloqueo e as recentes emerxencias, reafirmamos o noso compromiso coa solidariedade internacional e coa defensa da soberanía do pobo cubano.
