Por que celebrar o Día Internacional da Nena?

Esta data pretende reivindicar a igualdade de xénero desde a infancia, garantir o acceso á educación de todas as nenas, a súa participación na sociedade e na toma de decisións, e erradicar prácticas como o matrimonio infantil, a violencia de xénero, a mutilación xenital, etc. Ser nena non debería determinar o que podes facer, onde podes ir ou en quen … Ler máis

Mobilízate pola fin do xenocidio do pobo palestino

O mércores 15 de outubro CCOO e UGT convocamos paros parciais de dúas horas por turno en todos os centros de traballo de Galicia, para denunciar o xenocidio en Gaza. Acompañamos a convocatoria con materiais didácticos, un modelo de adhesión e unha comunicación voluntaria para que o desconto salarial poida destinarse a ONG con fins humanitarios.

Non cabe a neutralidade ideolóxica cando falamos de Dereitos Humanos

Desde CCOO Ensino denunciamos con firmeza o xenocidio que se está a producir contra o pobo palestino na Franxa de Gaza, ademais das deportacións, destrución, fame e negación de axuda humanitaria. A situación esixe unha resposta ética e social rotunda por parte de toda a comunidade internacional, e a comunidade educativa de Galicia non pode, nin debe, permanecer en silencio.

CCOO Ensino gañamos dúas sentenzas máis contra a Xunta por despedimentos en fraude de lei

Dúas traballadoras que desempeñaban o seu labor en centros da Consellería de Educación foron despedidas de maneira irregular. Os tribunais declararon nulo un dos despedimentos e improcedente o outro, obrigando a Xunta á readmisión, ao pagamento de indemnizacións e ás custas procesuais.

Reprochámoslle ao ministro de Función Pública a súa inacción e apremámolo a retomar o diálogo ou tomaremos medidas

CCOO, UGT e CSIF advertimos ao ministro de Función Pública, Óscar López, da grave parálise e da ausencia de diálogo coas organizacións sindicais, que representan máis do 80 % do persoal público. Reclamamos retomar de inmediato a negociación para abordar asuntos urxentes como o emprego, os salarios e a calidade dos servizos públicos, e avisamos de que, de non haber resposta, adoptaremos as medidas necesarias.