Asinado o X Convenio Colectivo de Ensino e Formación non regrada

O novo texto recolle algunhas das demandas formuladas por CCOO na súa plataforma reivindicativa, que contribúen significativamente a mellorar a situación nos centros e permiten avanzar nas condicións laborais das persoas traballadoras do sector.

Rexeitamos a creación dunha nova universidade privada en Galicia e lamentamos o apoio da alcaldesa da Coruña a esta iniciativa

Desde CCOO rexeitamos a creación dunha nova universidade privada en Galicia e lamentamos o apoio da alcaldesa da Coruña a esta iniciativa. Para Comisións Obreiras, a postura de Inés Rey é incoherente coa liña política expresada polo seu partido á fronte do Goberno de España, que aposta por limitar estas institucións.

Máis dun milleiro de persoas esíxenlle ao Goberno unha suba salarial para as empregadas e empregados públicos

Na concentración diante do Ministerio de Facenda, o coordinador da Área Pública de CCOO, Lucho Palazzo, esixiu o pagamento do 0,5 % pendente de 2024, un incremento salarial para 2025, completar o cumprimento do Acordo Marco para unha Administración do Século XXI e negociar un novo acordo plurianual. Estas reivindicacións entregáronse a Facenda nun manifesto rexistrado no ministerio ao rematar a mobilización.