Expresamos o máis enérxico rexeitamento e instamos as Administracións a aplicar medidas que permitan responder adecuadamente ás necesidades diarias e de carácter preventivo ante posibles agresións.
A agresión á educadora o pasado 10 de xullo volve pór en evidencia unha situación que se vén repetindo. Denunciamos de novo que, debido ás esixencias das licitacións públicas «á baixa» impulsadas pola Administración, os centros operan con cadros de persoal mínimos, recursos insuficientes e protocolos de seguridade obsoletos.
Os recortes neste sector son a tónica habitual e é en situacións como esta cando se manifesta a fraxilidade do sistema, deixando en evidencia que a Administración prioriza o lucro económico sobre a seguridade das persoas traballadoras.
Esiximos que se investiguen non só as circunstancias da agresión, senón tamén as posibles irregularidades na adxudicación do servizo e a supervisión do centro.
Desde CCOO reclamamos, unha vez máis:
- Auditorías inmediatas en todos os centros de menores do Estado para verificar o cumprimento de ratios de seguridade e da normativa vixente.
- Reversión das externalizacións dos servizos sociais, suspensión das licitacións á baixa e revisión dos pregos para garantir condicións laborais dignas.
- Protocolos específicos de actuación ante situacións de denuncias previas, así como unha análise exhaustiva e rigorosa do perfil das e dos menores que son asignados en réxime semiaberto.
Esiximos que se depuren responsabilidades administrativas e recalca a necesidade de poñer en práctica medidas que permitan responder adecuadamente ás necesidades diarias e de carácter preventivo ante posibles agresións.
CCOO non queremos escusas: queremos traballo digno e seguro para as persoas traballadoras do sector.
