CCOO celebramos o acordo para ampliar os permisos por dó: “Facemos un exercicio de dignidade e humanidade”

A Mesa de Diálogo Social entre os sindicatos e o Goberno de España alcanzou un acordo para ampliar o tempo de permiso retribuído ata os 10 días en caso do falecemento dun familiar, e os dous novos permisos, de 15 días no caso de ter un familiar en coidados paliativos ou dun día para o acompañamento dunha persoa que decida someterse á eutanasia.

As “portas xiratorias” cuestionan o compromiso na defensa do modelo público de universidade

CCOO denuncia o transvasamento de responsables universitarios a cargos dos gobernos autonómicos ou do ámbito privado, que cuestiona o modelo público de universidade As portas xiratorias (transición de cargos públicos a privados ou viceversa) son un fenómeno que tamén afecta ás universidades públicas en España: reitores/as e outros xestores universitarios que, de forma directa ou logo dun breve lapso de … Ler máis

EdugalIA: unha iniciativa en marcha que precisa diálogo, participación e garantías para o sistema educativo

Galicia ten a oportunidade de situarse á vangarda dun modelo educativo dixital que poña as persoas no centro. Para iso, é necesario partir das recomendacións internacionais e das demandas do profesorado galego.
CCOO seguirá traballando para que a innovación non sexa sinónimo de precariedade nin de perda de control público sobre o sistema educativo.