O pasado mércores 10 de decembro convocáronnos ao 12º pleno do Consello Superior de Ensinanza Artísticas (CSEA) e informóusenos de novidades moi interesantes para todo o colectivo das nove ensinanzas que conforman estas ensinanzas de ámbito superior.
Tras máis de 35 anos sen modificacións lexislativas que trouxeron consigo múltiples problemas e dificultades, a publicación da Lei 1/2024 supuxo o arranque dunha nova etapa na que a FECCOO seremos parte activa. Coñecemos ben a relevancia destas ensinanzas e o peso que exercen no marco cultural do noso país.
En CCOO, somos conscientes das necesidades urxentes tanto do profesorado como do alumnado. O profesorado reclama dignificación para uns estudos enmarcados no Espazo Europeo de Ensinanzas Superiores que contemplen cuestións tan relevantes como a internacionalización ou a investigación. O alumnado pola súa banda reclama, entre outras cuestións, unhas instalacións dignas e un estatuto do estudantado que o visibilice no ámbito dos estudos superiores.
Dignificar, visibilizar, recoñecer e desenvolver estas ensinanzas son os obxectivos que expomos e traballaremos intensamente para facilitar que ningún talento quede no camiño.
Desde a publicación da lei, desenvolvéronse tres reais decretos; o de calendarización, o de constitución do CSEA e o de equivalencias de estudos anteriores á LOGSE.
Tres reais decretos necesarios para comezar a desenvolver unha lei que aínda que, non é a lei que desde CCOO soñabamos, vai permitir avanzar e regular unhas ensinanzas que no noso país estaban estancadas.
Os próximos meses van ser intensos no desenvolvemento normativo. Para abril de 2026 espérase publicar cinco reais decretos máis relacionados coas Artes Plásticas e Deseño. En setembro de 2026, publicaranse tres reais decretos que contemplarán entre outras cuestións, a regulación do profesorado emérito, a organización e rexistro estatal das EE AA e os procedementos de calidade que regulen as titulacións de grao e mestrado destes estudos. Tamén se publicarán as condicións do plan de estudos do Máster de especialización en investigación e didáctica das ensinanzas artísticas.
Para 2027 o traballo tamén se espera intenso. En marzo, está prevista a publicación do real decreto que regule os requisitos e procedemento para a expedición de títulos de grao e mestrado de EE AA, en maio, a publicación de normativa básica de ordenación dos novos corpos docentes e en setembro de 2027 publicaranse outros catro reais decretos que desenvolverán cuestións relacionadas coa función directiva, a creación e autorización de centros e requisitos mínimos para o seu funcionamento, o estatuto básico do estudantado e o contido básico dos plans de estudo dos títulos de grao en EE AA SS.
Espéranos un camiño intenso, pero motivador. CCOO Ensino realizaremos todas as achegas construtivas e seremos críticas con todo aquelo que consideremos mellorable porque queda moito camiño por percorrer para dignificar as ensinanzas artísticas e aos seus profesionais.
