Curso en liña: «Creatividade en movemento»

Creatividade en movemento: domina a produción audiovisual co teu smartphone

O curso Creatividade en movemento: domina a produción audiovisual co teu smartphone vai dirixido a mestres/as e profesorado de ensino secundario, formación profesional e artes plásticas e deseño que desexen utilizar a creación audiovisual na súa práctica docente.

No curso empregarase CapCut, unha aplicación intuitiva e versátil que permite traballar directamente dende o teu telefono intelixente (smartphone). A través de sesións prácticas e dinámicas, aprenderás a gravar, editar e publicar vídeos profesionais empregando CapCut. A edición de vídeo con CapCut dáche a posibilidade de contar historias, documentar procesos, crear recursos didácticos e comunicar ideas de forma efectiva, todo dende a palma da túa man.

  • Lugar de celebración: Plataforma de teleformación de CCOO Ensino (Moodle).
  • 50 horas.
  • 🗓 Do 8 de xaneiro ata o 22 de febreiro de 2026.
  • Titor: Claudio Pan Carollo
  • Custo: De balde.
  • Prazas: 50.
  • Prazo de matrícula: ata completar prazas.
  • Homologado.

Competencia dixital docente

Os elementos da competencia dixital docente que se acreditarán neste curso son:

Nivel B1:

  • 1.4. Desenvolvemento profesional dixital continuo
  • 2.2. Creación e modificación de recursos dixitais
  • 3.1. Ensino
  • 6.3. Creación de contidos dixitais

Requirimentos para seguir o curso

Para poder seguir o curso sen dificultade será preciso dispoñer de:

  • Un teléfono intelixente (smartphone) coa app Capcut instalada.
  • Espazo de almacenamento libre para gravación e edición.
  • Coñecementos básicos de informática: capacidade para usar un navegador web, realizar buscas en Internet e xestionar arquivos (subir, descargar, gardar, etc).
  • Conexión a internet para acceso a recursos e entrega de tarefas.
  • E, por último, ganas de experimentar cunha nova ferramenta!

Obxectivos

  • Dominar os fundamentos da creación audiovisual.
  • Coñecer as posibilidades da app Capcut no ámbito educativo.
  • Explorar as posibilidades de innovación educativa.

Contidos

  • Introducción as ferramentas de edición de vídeo e audio dispoñibles en dispostivos móbiles.
  • Coñecemento da aplicacións gratuítas de edición de vídeo e audio maís populares e as súas principais características.
  • Fundamentos da edición de vídeo: cortar, unir, recortar, engadir transicións, efectos básicos.
  • Incorporación de música, efectos de son, e gravacións de voz na edición de vídeo.
  • Optimización de vídeos para redes sociais e plataformas en streaming.

Guía do curso

Formulario de inscrición