Sen avances suficientes na negociación salarial: CCOO Ensino e as demais organizacións sindicais mantemos a presión

Negociación do VII Convenio Colectivo de empresas de ensino privado sostidas total ou parcialmente con fondos públicos. As catro organizacións sindicais na mesa defendemos a necesidade de proceder ao peche inmediato das táboas salariais correspondentes ao VII Convenio Colectivo, especialmente as do PAS e niveis non concertados: non se pode iniciar a negociación dun novo convenio sobre compromisos salariais pendentes … Ler máis

Que non te enganen! CCOO defende as condicións laborais de todo o persoal docente

CCOO defende as condicións laborais de todo o persoal docente, tanto no ensino público como no concertado. Por iso, presentamos no Consello Escolar do Estado unha emenda ao informe do Anteproxecto de Lei para reducir a carga lectiva máxima: até 23 horas en Infantil e Primaria e 18 horas en Secundaria. Esta mellora foi incorporada ao informe preceptivo do órgano consultivo tras o debate na Comisión Permanente (9 de decembro de 2025) e quedou recollida no texto aprobado polo Pleno o 12 de febreiro de 2026. En CCOO seguimos traballando para que os avances cheguen a todo o profesorado, sen excepción.

Compensación de festivos en día de descanso: recente sentenza e resolucións

As recentes resolucións do Tribunal Supremo establecen que, cando un festivo coincide co descanso semanal, debe compensarse: o festivo non se “perde”. No ámbito educativo, esta interpretación afecta a convenios como Acción e intervención social, Reforma xuvenil e protección de menores, Ocio educativo e animación sociocultural e Atención a persoas con discapacidade. Porque os descansos son un dereito.

CCOO Ensino e Anpas Galegas compartimos diagnóstico e preocupacións sobre o sistema educativo galego

No día de onte mantivemos unha reunión de traballo con Anpas Galegas. A xuntanza permitiu constatar que compartimos unha análise moi similar sobre as necesidades actuais do sistema educativo galego e sobre as inquedanzas que trasladan tanto o profesorado como as familias.

Que facer (e que non) durante unha baixa laboral

Estar de baixa laboral non implica quedar pechado na casa nin renunciar á vida cotiá. A baixa concédese para facilitar a recuperación, polo que se poden realizar todas aquelas actividades que non a prexudiquen e sempre seguindo as indicacións médicas. Pasear, facer exercicio moderado, manter vida social ou asistir a cursos alleos á empresa é posible se non atrasa a mellora. O que non está permitido é traballar, saltarse tratamentos ou realizar actividades imprudentes. En caso de dúbida, a recomendación é clara: consultar sempre co persoal médico que realiza o seguimento da baixa.