Publicada a orde do calendario escolar para o curso 2024/25
É de aplicación en todos os centros docentes sostidos con fondos públicos.
É de aplicación en todos os centros docentes sostidos con fondos públicos.
Reunión do 22 de abril de 2024 do XII Convenio de ensino privado regrado sen ningún nivel concertado ou subvencionado.
Desde CCOO Ensino ofrecemos a posibilidade de realizar o seguimento das súas solicitudes a aquelas persoas afiliadas que desexen participar no programa PIALE 2024.
Manifestamos a nosa preocupación ante a falta de compromiso de comunidades como Madrid, Castilla y León, Andalucía e Murcia para financiar adecuadamente o Plan Integra para as universidades públicas. Non descartamos mobilizacións nos territorios que non apoien o financiamento necesario.
Animámoste a que te sumes a esta iniciativa compartindo os vídeos e movendo a protesta nas RRSS, co obxectivo de presionar á patronal e tratar de desbloquear as negociacións do convenio dos centros e servizos de atención a persoas con discapacidade.
XVI Convenio colectivo de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade
O día 17 de abril celebrouse unha reunión no Sistema Interconfederal de Mediación e Arbitraxe, que nos permitiu trasladar aos mediadores as nosas propostas retributivas e de melloras sociais.
As persoas traballadoras dos centros de educación especial, dos centros especiais de emprego e dos centros de atención a persoas con discapacidade que atendemos en centros de día, centros ocupacionais, residencias e centros de atención temperá, entre outros, esiximos condicións dignas que estean á altura da profesionalidade coa que prestamos os nosos servizos.
Universidade. O Tribunal Supremo dita sentenza firme contra a discriminación do persoal docente e investigador (PDI) temporal de Andalucía.
Na última reunión do IV Convenio Colectivo de ocio educativo e animación sociocultural, celebrada o 10 de abril, CCOO propuxo importantes melloras nas condicións laborais do sector. Entre as medidas destacadas, figuran a redución da xornada anual e a introdución dun descanso remunerado de vinte minutos. CCOO continúa a súa loita para asegurar un equilibrio máis xusto entre a vida laboral e persoal dos traballadores e traballadoras nun sector especialmente precarizado.
Publícase no DOG da hoxe, venres 12 de abril de 2024, a resolución definitiva do Concurso Xeral de Traslados (CXT).
Polo tanto, iníciase o prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución do concurso xeral de traslados no Diario Oficial de Galicia (do 15 ao 26 de abril, ambos incluídos) para a solicitude de comisións por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral.