CCOO Ensino apoia as mobilizacións estudantís en solidariedade coa poboación de Gaza e Palestina

Stop xenocidio! Un movemento estudantil forte é clave para a defensa dos dereitos da clase traballadora.

Desde CCOO Ensino apoiamos as mobilizacións estudantís que están en marcha no noso país e arredor do mundo.

A poboación de Gaza e de Palestina merece e necesita o apoio internacional das forzas transformadoras do mundo para acabar co xenocidio que está promovendo Israel coa cobertura doutros actores. Desde CCOO chamamos á organización e mobilización de todos os traballadores e traballadoras para garantir a seguridade da poboación palestina.

Sabemos que un movemento estudantil forte é clave para a defensa dos dereitos da clase traballadora e estes días estase demostrando como, unha vez máis, é vangarda. As universidades deben ser un espazo de reflexión e de exercicio da democracia, no sentido máis amplo da palabra. Por iso, damos o noso apoio a esta iniciativa que nace do alumnado e que, por suposto, conta co noso favor en cada unha das universidades deste país.

Obreiras e estudantes, unidas e adiante!