INTEF – Cursos titorizados de formación en liña 2024

O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes (MEFPD), a través do Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado (INTEF), convoca 6750 prazas para a realización de 14 cursos de formación en liña para o profesorado que se desenvolverán nunha única edición en 2024.

Esta convocatoria ten a finalidade de ofrecer un programa de actividades para a formación permanente do profesorado que facilite a súa actualización científica, pedagóxica e didáctica, así como a mellora do funcionamento dos centros educativos e da convivencia escolar. Así mesmo, inclúe un curso de formación sobre o desenvolvemento da función directiva acorde ao Real Decreto 894/2014, do 17 de outubro.

As actividades formativas ofertadas contan coa atención personalizada e o apoio experto dun equipo de titoría. A súa estrutura modular, con contidos e actividades expostos de forma gradual, permite ás persoas participantes organizar o seu tempo e planificar a súa aprendizaxe desde o inicio.

A continuación, amósase a información concreta sobre o programa de actividades desta edición.

  • Prazas: 6750
  • Prazo de inscrición: do 26 de abril ao 15 de maio de 2024 (ambos incluídos)
  • Datas de realización: do 19 de setembro ao 14 de novembro de 2024, excepto “O desenvolvemento da función directiva” que finaliza o 14 de xaneiro de 2025, e “Estratexias para incorporar a emerxencia climática na aula de Primaria” que conclúe o 24 de outubro de 2024.
  • Certificación: 70 horas de formación, agás o curso “O desenvolvemento da función directiva”, ao que lle corresponden 150 horas, e o de “Estratexias para incorporar a emerxencia climática na aula de Primaria”, con 35 horas.

Cursos convocados:

  • Atención educativa á poboación escolar xitana
  • Aula do futuro
  • Deseño Universal de Aprendizaxe
  • O titor en rede
  • Estratexias para incorporar a emerxencia climática na aula de Primaria
  • Proxecta eTwinning (Nivel inicial)
  • A coordinación do benestar e da protección nos centros educativos
  • Intelixencia artificial ao teu alcance. Ideas prácticas para a aula
  • Integra eTwinning
  • Creación de Recursos Educativos Abertos (REA) para o ensino
  • Mellora da comprensión lectora: retos e propostas para a aula
  • A investigación científica na aula: da transmisión á creación de coñecementos
  • O desenvolvemento da función directiva
  • Embaixada eTwinning
  • O cartel sobre os cursos titorizados en liña do INTEF (edición 2024) pódese descargar clicando nel coa finalidade de poder compartir esta información nos centros educativos.

Imaxe cartel cursos titorizados 2024

Para ampliar a información, pódese consultar a páxina web da convocatoria.

Os cursos impartiranse integramente en liña no espazo da área de Formación do Profesorado do INTEF: https://formacion.intef.es/aulavirtual/

Para calquera dúbida ou consulta: formacionenred@educacion.gob.es