Publicadas as listaxes de persoas admitidas e as datas para as probas Celga 2024

26/10/2023

Datas para as probas que foron convocadas mediante a Resolución do 5 de marzo de 2024.

  • Celga 4
    • 18 de maio de 2024, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido comece por algunha das seguintes letras: H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O, P, Q, R, S, T e U.
    • 19 de maio de 2024, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido comece por algunha das seguintes letras: V, W, X, Y, Z, A, B, C, D, E, F e G.
  • Celga 3
    • 25 de maio de 2024, para todas as persoas admitidas.
  • Celga 2
    • 26 de maio de 2024, para todas as persoas admitidas.
  • Celga 1
    • 1 de xuño de 2024, para todas as persoas admitidas.

Centros de realización das probas

  • Celga 4, Celga 3 e Celga 2
    • En Santiago de Compostela: IES Antonio Fraguas Fraguas (Rúa Londres, 10).
  • Celga 1
    • En Santiago de Compostela: Escola Galega de Administración Pública (EGAP) (Rúa Madrid, 2-4).
  • Ponferrada
    • Escola Oficial de Idiomas (Rúa Río Burbia, s/n).

As probas escritas comezarán ás 9:00. As persoas candidatas deben presentarse entre as 8:30 e as 8:45, provistas de DNI, NIE ou pasaporte e bolígrafo azul ou negro.

As probas orais realízanse a continuación da proba escrita. Os chamamentos faranse en quendas de 15-20 minutos, por orde alfabética, comezando pola letra H, agás o día 19 de maio que se comezará pola letra V. A proba poderá prolongarse até a tarde.

Consulta as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas e o resto da información no portal da lingua galega.